Saturday 04 de May de 2024

No domingo 16 de febreiro ás 19.00 h no teatro Elma, a compañía de teatro Malasombra presenta “GO ON!”, unha comedia protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García e dirixida por Marcos Orsi.


 

SINOPSE:
Despois da chegada do ser humano á Lúa, á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do ser humano a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de penetrar nas descoñecidas terras galaicas a través do itinerario xacobeo. “Go on!” recompila esta experiencia límite que deixa os de “Ó fío do imposíbel” como simples boyscouts.
“Go on!” é unha emocionante novela de aventuras en que os seus protagonistas viven situacións extremas como o terríbel ataque do desapiadado can de palleiro.
“Go on!” é un completo folleto turístico que servirá para que outros persoas que sexan ousadas viaxeiras saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas.
“Go on!” é unha guía de primeiros auxilios con recomendacións necesarias como que facer despois de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer despois de limpa-lo cu con ortigas.
“Go on!” é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os dos seus habitantes, como cal é a orixe da expresión “Non me tóque-los suevos”, cada canto tempo cambian as sabas os membros da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva para a pregunta “Que din os rumorosos?”.
“Go on!”. Unha odisea cómica no espazo galego.